Escola de gaitas e percusión tradicional Os Tabáns
A devandita Escola comeza a súa andaina ao marxee da Asociación de Veciños no ano 95, dirixida por Cesar Freiría que impartía as clases no seu domicilio particular, animado pola idea de formar gaiteiros para a Rondalla de Freixo. Cesar fora alumno do gran gaiteiro “Moxenas” a quen todos lembramos con inmenso agarimo. No ano 95, os alumnos mais avantaxados forman un grupo de música tradicional denominado “Os Jamusinos”, e que hoxe colaboran nos traballos da Escola. Dende o ano 96, a Escola de Cesar Freiría incorpórase as actividades da Asociación de Veciños, onde nese momento comezou con catorce alumnos, todos eles veciños de Freixo, que aspiraban a formar o novo Grupo de Gaitas do Centro Veciñal.
Nese mesmo ano fundase oficialmente o grupo como: Escola de Gaitas e Percusión Tradicional “Os Tabáns”, contando naquel entonces con 18 alumnos entre gaitas e percusión. Desde ese intre non so proporciona músicos e percusionistas á Rondalla, senón q tamén para grupos de Pandereteiras, e grupos de gaiteiros como o propio grupo “Os Tabáns”, “Os Jamusinos” ou “Cipriáns”, e outros grupos todos eles radicados no Barrio de Freixo.
No ano 2004, e trala marcha do noso querido profesor Cesar cara Santiago, un dos seus alumnos mais avantaxados; Daniel Villanueva, fíxose cargo da Escola. Na actualidade a escola pasou as grandiosas mans de Anxo, o novo profesor que ademais de traballar co antigo repertorio e o encargado de traer novas pezas para aumentar o amplío repertorio do grupo.
Así mesmo varios dos nosos músicos participan nas Agrupacións do Centro Veciñal e Cultural de Valadares.
Na actualidade ensaia os venres de 16,30 a 18,30.
Lista de compoñentes da escola:
| Ferro Freiría, Adrián | Gaiteiro |
| Fonseca Comesaña, Javier | Gaiteiro |
| Fernández Alonso, Abel | Gaita e percusión |
| Comesaña Alonso, Natan | Gaiteiro |
| Comesaña Pintos, Tania | Gaita e pendeireta |
| Freiría Prado, Juan Carlos | Gaita e percusión |
| Rios Prado, Alba | Gaita e pandeireta |
| Román Novoa, Andrés | Gaiteiro |
Antigos alumnos vinculados ó grupo:
| Comesaña Comesaña, Aroa | Gaita e pandeireta |
| Comesaña Figueroa, Carlos | Gaiteiro |
| Comesaña Freiría, Andrea | Gaiteira |
| Costas Dabarca, Omar | Percusión |
| Costas Perez, Adriana | Gaiteira |
| Villanueva Comesaña, Daniel | Gaita e Percusión |
| Freiría Prado, Cesar | Gaiteiro |
| Freiría Prado, Cipriano | Gaiteiro |
Repertorio
- O Galo d´Ouro (Pasodoble)
- Pasodoble Jamusinos
- Xota Galega
- Montañesa de Lugo (Muiñeira)
- Muiñeira da Fonte
- 5 Mariñeiros (Rumba)
- Recollo (Rumba)
- Tradicional (Rumba)
- Para que ti te fodas (Rumba)
- Polka Casal
- Ribeirana Tradicional
- Mazurca dos Vellos
- Mazurca Bretoña
- Si Fan (Pasodoble)
- Fox Trot (Polka)
- Carballal (Pasodoble)
- Xota da Guia
- Charapusca
- Na Eira
- Polka Arriero
- Xota de Cebreiro
- Meigas no Lugar
Currículum
(Hai mais pero xa vos facedes unha idea)
- Magosto do Monte dos Pozos
- Geriátrico Alvi-Beade
- Festas de San Xoan de Freixo
- Geriátrico Inserso-Vigo
- Festas do Alba-Valladares
- Aldeas Infantiles-Redondela
- Parador de Tui
- Desfile de Xóvenes Diseñadores
- Auditorio Caixanova-Vigo
- Iª Festa Vecinal da A VV Freixo
- Festa Benéfica de Cáritas-Matamá
- Festa da Fraga-Vincios
- IIª Festa do Veciño de Freixo
- IIº Magosto da A. VV de Freixo
- I Magosto da ACF Bouzacoba
- Dia das Letras Galegas/ IIIª Festa do Veciño
- Iº Homenaxe os Nosos Vellos
- IIIº Magosto da AVV de Freixo
- IVª Festa do Veciño en Freixo 2003
- IIº Homenaxe os Nosos Vellos 2003
- Festa de San Xoan de Freixo 2003
- IVº Magosto da Avv de Freixo 2003

Fai clic para máis info
Síguenos en Twitter