Cursos de Informática
Estanse a organizar cursos de informática na Biblioteca de Freixo para distintos niveles.
Podes informarte e inscribirte nos telefonos 986 351 133 e 686 751 333.
Festa de Entroido 2010
O próximo domingo día 14 de Febreiro pola tarde celebrarase a Festa de Entroido na Biblioteca de Freixo. Vinde todos disfrazados e animarvos a participar no concurso de disfraces para nenos e adultos. A festa estará amenizada coa actuación da “Ce Orquestra Pantasma”
Teatro: Os 4 da Xunqueira
Os vindeiros días 30 e 31 de Xaneiro ás 20:00 terá lugar no auditorio do Centro Cultural “O Pedregal” de Valadares a representación desta obra de teatro apta para toda a familia.
“Os 4 da Xunqueira”
Unha coprodución de Imaxinaria Mao e Agadic a través do Centro Dramático Galego e baixo a dirección de Fran Nuñez.
Karaoke no Palco de San Xoán
O sábado 30 de Xaneiro.. querovos ver a todos no karaoke que se está a organizar no bar debaixo do palco de San Xoán para apoiar a celebración da festa de San Xoan. Se queredes que haxa festa vinde todos a consumir. Animádevos e avísade a todos os que coñezas.


Fai clic para máis info
Síguenos en Twitter