|
Outras Seccións:
|
A.V.S.C.D. "O Freixo"Presentación
Nos albores da democracia, nin Alcaldes Pedáneos, que encabezan unha Comisión de Barrio, nin a primitiva Xunta Parroquial conseguen resolver os graves problemas do barrio máis periférico, que continúa sen viais, teléfono, transporte, forza eléctrica e iluminación público en condicións, ademais de sufrir a presenza insalubre dos vertedoiros. No ano 1987, a Comisión de Barrio funda a primeira Asociación de Veciños que consegue superar as carencias dos servizos máis elementais, lográndose en pouco tempo a construción das estradas do Freixo e Pinguela pola propia man dos veciños, así como a estrada do Zondal por parte do Concello. Tras moitos esforzos e traballo conxunto conséguese desmantelar as instalacións de tratamento do lixo. Chegaron máis tarde, o teléfono, alumeado público, forza eléctrica, Vitrasa e, por último, o saneamento e abastecemento de augas. Que facemosA historia máis recente da asociación comeza no ano 1994 cando, en compensación polos incómodos dos vertedoiros, conséguese o edificio da biblioteca de Freixo, sede da asociación de veciños, e base para as actividades das moitas entidades radicadas no barrio: Rondalla, “Peña Freixo” (Baixada dos Carros de Bolas, Freixo Rock), “Agrupación Folclórica Bouzacoba”, Equipos de Fútbol Sala, Grupo “R.I.F” de Rock, “Ciprián e Mailo Can” de Folc.
O resultado da incesante actividade da asociación é que a xente se una en torno ás súas afeccións formando agrupacións propias como a Escola de Gaitas e Percusión, Pandeireteiras Ledaíña noutro tempo, Gaiteiros “Os Tabáns”, Grupo de Monicreques “Arrefríos”, Grupo de Playback e Operación Karuncho. Esta abundancia de agrupacións de todo tipo fai posible a posta en marcha de numerosas actividades festivas como elemento integrador da vida social: Rondalla de Reis, Antroido, Día das Letras Galegas, Festa do Veciño, Festa do Socio, Magosto, Maios, Seráns… A formación iníciase coa creación da aula de informática e o cíber, e coa creación da vogalía de novas tecnoloxías. Impártense ademais clases de alfabetización, corte e confección, patronaxe industrial, cociña.., talleres de manualidades, aerobic, tai-chi.. A recente construción dun salón de actos con capacidade para 100 persoas ven a potenciar a oferta do centro que se complementa con áreas deportivas e área de cociña e lareira que dá sempre un toque especial ás nosas actividades A asociación participa dos problemas do barrio tomando parte nas alegacións ao PXOM, que foron aceptadas nun 95%, e igualmente na redacción do Plan de Acción de Barrios, onde se recollen as necesidades da comunidade.
Achégate e participaA calidade de vida radica non só na resolución das carencias materiais, senón tamén no enriquecemento da vida diaria mediante a convivencia cos demais veciños, (dentro do noso propio contorno de barrio como no intercambio coas demais comunidades) para o que resulta imprescindible contar coa túa participación. A actividade da asociación distínguese no sentido de dar solución as problemáticas estruturais do barrio, principalmente colectivas, pero tamén individuais. Mediante o esforzo colectivo conséguense estradas e servizos públicos, mais tamén infraestruturas para as vivendas, formación, defensa dos dereitos e dos patrimonios. Esta actividade precisa da túa participación non só como colaborador, senón tamén como beneficiario dos seus logros. |
- A.V.S.C.D. O Freixo - web@freixo.net |
Visitante: 20317 |