Freixo.Net
Asociación Cultural Folclórica Bouzacoba

Asociación Cultural Folclórica Bouzacoba

A Asociación Cultural Folclórica Bouzacoba comeza a súa andadura a principios do ano 2000 por iniciativa dun grupo de cantareiras, que xa levaban este nome, co ánimo de crecer e formar, no barrio de Freixo, unha asociación que se adicara a fomentar a cultura e tradición dos nosos ancestros y para darlle a oportunidade á xente que tivese interés neste movemento, a traballar e recuperar estas situacións que estaban caendo no esquecemento. Na actualidade consta dunha directiva de xente xoven con ganas de facer cousas e de que a asociación siga crecendo e se coñeza cada día máis no mundo do folclore galego.

En xeral, tanto a asociación como todas as actividades que a compoñen levanse a cabo nas instalacións da Asociación de Veciños O Freixo, coa que existen moi boas relacións e colabora en todo o necesario. Co grupo de cantareiras Bouzacoba, colabora un grupo de gaitas, tamén de Freixo, denominado "Jamusinos" que nos acompaña en todas as nosas andaduras, tocando pezas conxuntamente e pezas soltas para que o rato se ofreza o máis agradable posible.

Grupo Infantil Bouzacoba

Formado por nenas de 6 a 12 anos que seguen os pasos das cantareiras Bouzacoba, as que lle gusta cantar, bailar e enseñar os demáis unha forma máis de divertirse e, a súa vez, coñecer a nosa tradición e promulgala para que nunca se esqueza.

Grupo de Cantareiras Bouzacoba

Este grupo constitue os cimentos da asociación Bouzacoba e grazas a él chegamos a situación na que estamos. Está constituído por persoas de todas as idades, idades que van dende os 12 ata os 55 anos, casi tres xeracions, e gracias a elas o grupo ten unha riqueza inigual.

O grupo adícase a recuperar os cantares tradicionais polos pobos e aldeas e a poñer en práctica todo o que aprenden dos nosos maiores, que non e pouco. Ademáis empregan instrumentos varios que xa se escoitaban entón, ben por que non había outros ou porque cando cantaban e bailaban era na hora do traballo (sega, vendimia...) e empregaban o que tiñan mais a man, como tixolas, piñas ou cunchas.

O grupo en si conta cun gaiteiro e con diversas compoñentes que tocan o tambor, bombo, pandeiro e outors moitos instrumentos. O que fai que unha actuación das Bouzacoba sexa algo innovador, distinto e en xeral, agradable de ver e escoitar, onde os espectadore non soamente non se aburren, senón que participan palmeando e cantando as cancións, moitas das que son tan coñecidas e populares que non precisan nen presentación.

Polo tanto o que intenta este grupo e enganchar e introducir no ambiente a todos os que o están vendo.

Creative Commons License - A.V.S.C.D. O Freixo - web@freixo.net Visitante: 20317