Festas de San Xoán 2010

22 Junio, 2010 por Enrique · Comentarios desactivados
Gardado como: Festa San Xoán, Novas 

Xa están aquí as Festas de San Xoán 2010!!! Este ano o programa incluie:

O Mércores  23 de Xuño Gran Fogueira de San Xoán, amenizada pola charanga Vai de Baile.
O Xoves 24 de Xuño Misa na honra de San Xoán Bautista na capela de San Xoán de Freixo.
O Sábado 26 de Xuño actuacións dos grupos Canela e Hiroshima.
O Domingo 27 de Xuño Misa solemne e Procesión e concerto da Unión Musical de Valladares. Pola noite verbena coa Unión Musical de Valladares e a orquesta Poceiro.
O Luns 28 de Xuño Cucañas, Pallasos e Inchables de XCuatro.

XII Baixada de Carros de Bolas de Freixo

18 Junio, 2010 por Enrique · Comentarios desactivados
Gardado como: Novas, Peña Freixo 

Atención Corredores!!

O próximo 10 de xullo de 2010 a partir das 16 horas celebraráse a edición número 12 da Baixada de Caros de Bolas de Freixo.

Podedes consultar a toda a información na web http://carrilanas.freixo.net

O prazo de inscrición remata o dia 10 de xullo ás 13 horas. Cada persoa aboará unha cuota de inscrición de 5€. Podes inscribirte no mesmo día ou con anterioridade nos seguintes teléfonos: 653025708 (César) ou 661655741 (Thais)

Estades todos invitados a vir e disfrutar dunha tarde de velocidade e espectáculo.

Moita sorte a todos os participantes.

Asamblea extraordinaria

12 Junio, 2010 por saul · Comentarios desactivados
Gardado como: AVSCD O Freixo, Novas 

Reunión para os VECIÑOS DE FREIXO

Data: 18/06/2010

Hora: de  21.30 ata as 23.00

Lugar: Biblioteca de Freixo

Motivo: Elección  nova directiva

ORDE DO DÍA:

1.Información da situación actuan

2.Aportación de posibles solucións

3.Rogos e dúbidas

Asamblea xeral extraordinaria

9 Mayo, 2010 por saul · Comentarios desactivados
Gardado como: AVSCD O Freixo 

Convocatoria dunha Asamblea Xeral Extraordinaria o próximo 11 de Xuño 1ªconvocatoria ás 21.30  2ªconvocatoria ás 22.00

Serán na Biblioteca de Freixo

12 Abril, 2010 por saul · Comentarios desactivados
Gardado como: AVSCD O Freixo, Novas 

O sábado 8 de Maio a partir das 22:00 dará comezo o serán na Biblioteca de Freixo.

Aqueles que se animen  a tocar unhas pezas para animar o ambiente recibirán chourizos gratis e todos os que asistan, a ver e facer festa, están convidados a chocolate.

Posto na festa de Reconquista de Vigo

23 Marzo, 2010 por Enrique · Comentarios desactivados
Gardado como: Novas 

Os dias 27 e 28 de marzo a Asociación Cultural Peña Freixo estará na Festa da Reconquista de Vigo 2010 atendendo durante todo o dia o seu posto de venda de Comida e Bebida do país na “Praza da Pedra” do Casco Vello. Rondando o posto estará o fabuloso e marabilloso… grupo “OS ARRREVENTAPEITOS” que fará as delicias da xente que se achegue a tomarlle unha tapiña ou cunquinha.

Fotos festa de Entroido 2010

6 Marzo, 2010 por Enrique · Comentarios desactivados
Gardado como: Novas 

Xa podedes ver as fotos da Festa de Entroido 2010 nesta web

http://freixo.net/album/?album=all&gallery=15

Espero que quedasedes ben guapos!

Se queredes aportar fotos que teñades de festas, actividades ou outros relacionadas co noso barrio, podédesmas enviar ao noso correo info@freixo.net

Concerto na Biblioteca de Freixo

5 Marzo, 2010 por Enrique · Comentarios desactivados
Gardado como: Novas, Peña Freixo 

O próximo sábado 13 de Marzo haberá un concerto organizado por “Peña Freixo” na Biblioteca de Freixo a partir das 22:30 h.

Actuarán os grupos ESENCIA DE LAPO e FRAKASO ESKOLAR

Cursos de Informática

22 Febrero, 2010 por Enrique · Comentarios desactivados
Gardado como: AVSCD O Freixo, Novas 

Estanse a organizar cursos de informática na Biblioteca de Freixo para distintos niveles.

Podes informarte e inscribirte nos telefonos 986 351 133 e 686 751 333.

Festa de Entroido 2010

11 Febrero, 2010 por Enrique · Comentarios desactivados
Gardado como: AVSCD O Freixo, Novas 

O próximo domingo día 14 de Febreiro pola tarde celebrarase a Festa de Entroido na Biblioteca de Freixo. Vinde todos disfrazados e animarvos a participar no concurso de disfraces para nenos e adultos. A festa estará amenizada coa actuación da “Ce Orquestra Pantasma”

Páxina seguinte »

  • Correo Freixo.Net

    Se queres ter o teu enderezo de correo electrónico o_teu_nome@freixo.net, pódelo solicitar poñendote en contacto con nos

  • Boletín de novas

  • Álbum de fotos

    DCF 1.0 p1030341 p1030475 p1030374 p1080487 DCF 1.0