Posto na festa de Reconquista de Vigo
Os dias 27 e 28 de marzo a Asociación Cultural Peña Freixo estará na Festa da Reconquista de Vigo 2010 atendendo durante todo o dia o seu posto de venda de Comida e Bebida do país na “Praza da Pedra” do Casco Vello. Rondando o posto estará o fabuloso e marabilloso… grupo “OS ARRREVENTAPEITOS” que fará as delicias da xente que se achegue a tomarlle unha tapiña ou cunquinha.
Fotos festa de Entroido 2010
Xa podedes ver as fotos da Festa de Entroido 2010 nesta web
http://freixo.net/album/?album=all&gallery=15
Espero que quedasedes ben guapos!
Se queredes aportar fotos que teñades de festas, actividades ou outros relacionadas co noso barrio, podédesmas enviar ao noso correo info@freixo.net
Concerto na Biblioteca de Freixo
O próximo sábado 13 de Marzo haberá un concerto organizado por “Peña Freixo” na Biblioteca de Freixo a partir das 22:30 h.
Actuarán os grupos ESENCIA DE LAPO e FRAKASO ESKOLAR
Cursos de Informática
Estanse a organizar cursos de informática na Biblioteca de Freixo para distintos niveles.
Podes informarte e inscribirte nos telefonos 986 351 133 e 686 751 333.
Festa de Entroido 2010
O próximo domingo día 14 de Febreiro pola tarde celebrarase a Festa de Entroido na Biblioteca de Freixo. Vinde todos disfrazados e animarvos a participar no concurso de disfraces para nenos e adultos. A festa estará amenizada coa actuación da “Ce Orquestra Pantasma”
Teatro: Os 4 da Xunqueira
Os vindeiros días 30 e 31 de Xaneiro ás 20:00 terá lugar no auditorio do Centro Cultural “O Pedregal” de Valadares a representación desta obra de teatro apta para toda a familia.
“Os 4 da Xunqueira”
Unha coprodución de Imaxinaria Mao e Agadic a través do Centro Dramático Galego e baixo a dirección de Fran Nuñez.
Karaoke no Palco de San Xoán
O sábado 30 de Xaneiro.. querovos ver a todos no karaoke que se está a organizar no bar debaixo do palco de San Xoán para apoiar a celebración da festa de San Xoan. Se queredes que haxa festa vinde todos a consumir. Animádevos e avísade a todos os que coñezas.
I Xornada Xuvenil Intercultural
Domingo 25 de outubro 2009
I XORNADA XUVENIL INTERCULTURAL
convoca a Federación Veciñal Eduardo Chao
PROGRAMA
- 9:00h: Acollida (lugar está por determinar)
- 10:00h: Saída para a camiñada (etapa do Camiño de Santiago)
- 13:00h: Chegada de volta á asociación de O Freixo
- 13:00-14:00h: preparación da comida e "sesión vermú"
- 14:00h: Xantar e sobremesa
- 17:00h: XOGOS POPULARES
- 18,00h: PROXECCIÓN DE SELECCIÓN DE FILMES DO I FESTIVAL DE CUTREMETRAXES DE FREIXO
- 19:00h: Festa con grupos de música
- 21:00h: Remate de festa
A COMIDA SERÁ DE BALDE PARA OS PARTICIPANTES MENORES DE 20 ANOS
PREZO ADULTOS: 5€;
Agradécese colaborar con algún postre, torta, viño ou aperitivo.
Prazas limitadas (50)
Anotarse na Biblioteca de Freixo antes do Xoves.
Festa Cutre 2009
Videos gañadores do I Festival de Cutremetraxes de Freixo
1º Premio:
Rufino el chip asesino. Autores: Kandy e Benja.
2º Premio:
Dos tetas y muchas moscas. Autores: Santi, Froilán, Roque, Paula e Sandra
3º Premio:
Galicia bipolar. Autor: Andrés Cameselle
Cutremetraxes que participaron no festival:
| Nº | TÍTULO | AUTOR | DURACIÓN |
| 1 | Dame un plus | Ángel Alonso | 2:01 |
| 2 | Moscatel | Andrés Cameselle (Andressolo) | 2:51 |
| 3 | Dolor de cabeza | Anónimo Fernández | 2:12 |
| 4 | La sexta noticias | Froilán e André | 9:58 |
| 5 | Cobrador | Toñi Caamaño e Anxo Costas | 2:21 |
| 6 | Operación Toralla | Ismael Gonzalez | 6:08 |
| 7 | Arguiñano | Emilio, Cristian, Saúl e Toño | 3:05 |
| 8 | El Doctor Cloner | Álvaro | 6:38 |
| 9 | Macho Alfa | Paula Carro | 9:59 |
| 10 | Cuando brilla el sol | Santi Freiría | 8:06 |
| DESCANSO | |||
| 11 | Master Reggae Bar | Ismael González | 5:28 |
| 12 | Pesadelo en Merda Street | Dani, Javi, Clari, Varo, Estela, Jeni e Silvano | 6:54 |
| 13 | Rúa sen saída | Anónimo Fernández | 1:43 |
| 14 | Rufino el chip asesino | Kandy e Benja | 9:59 |
| 15 | Ionqui | Ángel Alonso | 4:58 |
| 16 | El asesino del pelo afro | Lucía, Antón, Bakai, Andrés, Manuel e Pablo | 8:56 |
| 17 | Gripe A | Manuel Valebona | 5:01 |
| 18 | Duelo | Toñi Caamaño e Anxo Costas | 0:34 |
| 19 | Galicia bipolar | Andrés Cameselle (Andressolo) | 2:52 |
| 20 | Taekwondo Team | Froilán Otero | 6:15 |
| 21 | Eurovisión 2020 | Álvaro | 4:56 |
| DESCANSO | |||
| 22 | Cutrecurta | Anónimo Fernández | 2:38 |
| 23 | Barbas ou tacón (non me toques os coll… | Sandra e Agus | 8:56 |
| 24 | Xuntos contra a sida | Ángel Alonso | 2:22 |
| 25 | Dos tetas y muchas moscas | Santi, Froilán, Roque, Paula e Sandra | 4:42 |
| 26 | Piscinas Xtremas | Froilán Otero | 9:59 |
| 27 | Noticiario | Andrés Cameselle (Andressolo) | 4:56 |
| 28 | Dulces sueños | Ismael Ferradás | 9:59 |
| 29 | A caza do Jamuxino | David e Isaac | 9:50 |
Extensión do prazo de envío de Cutremetraxes
Ampliase o prazo para a recepción de películas.
Este novo prazo queda fixado para o venres 2 de Outubro, a festa cutre con proxeccions quedaria para o sábado 17 de outubro.


Fai clic para máis info
Síguenos en Twitter