Bases do concurso
1º Concurso de Cutremetraxes
Para todo aquel que con cámara de afotos ou video que queira facer unha chapuziña audiovisual.
BASES do concurso
TEMÁTICA:
A temática dos cortos e libre, ainda que a organización resérvase o dereito de non admitir as cortas inadecuadas por: falta de cutrez, excesivamente violentos…
SOPORTE:
As curtas serán entregados en DVD ou poden ser subidos nesta web (neste caso non superará os 100 megas). A resolución non deberá ser inferior 640×480 pixeles.
ENTREGA:
O DVD será entregado nun sobre pechado donde indique o seguinte:
1º Concurso de Cutremetraxes de Freixo, título da obra, nome do autor, teléfono e correo electrónico (opcional).
Cada autor/es pode entregar ata un máximo de tres películas.
Lugar de entrega: Biblioteca de Freixo, Estrada de San Xoán nº 264, Freixo Valladares. CP: 36315 VIGO.
PRAZO DE ENTREGA:
Ata o domingo 13 de setembro.
NOVO PRAZO DE ENTREGA 2 DE OUTUBRO DE 2009
PREMIOS:
As proxeccións e FESTA CUTRE con entrega de premios serán o primeiro fin de semana de outubro no Barrio de Freixo, Valladares-Vigo.
Haberá tres premios:
1º. 100€
2º. 75€
3º. 50€
Os premios serán decididos a votación popular.


Fai clic para máis info
Síguenos en Twitter