|
Outras Seccións:
|
![]() www.rock.freixo.netFestival Freixo RockOs IniciosA idea deste festival nace no ano 1993, do soño de catro rapaces de querer mirar tocar enriba dun escenario, ós grupos de música que a eles lles gostaba, e que non tiñan posibilidades de facelo, non porque non poideran nin valeran, senón porque ninguén lles daba os medios. Faise un pequeño concerto no antiguo "baile" de Valladares, ó que acudiu algo máis dun centenar de persoas que quedaron encantadas ca idea e animáronnos a seguir facendo concertos.
Ese nadal volvimos facer outro concerto no Centro V. C. Valladares, o cal foi un éxito a nivel de audiencia e grupos, pero non para os veciños e socios do Centro, que nos botaron enriba mala fama sen razón, só pola vestimenta e o tipo de música. O ano seguinte e despois de axudar no vran a montar o primeiro Revoltallo do C.V.C.V. no Monte dos Pozos de Valladares, decidimos montar de novo no nadal o Freixo-Rock 94, anunciado con carteis feitos en imprenta, a publicidade de catro firmas, moitas ganas e pouco máis, pero a poucos días do evento, o dono do local alquilado pásase polo forro o contrato xa firmado e déixanos tirados coma cans, tendo que suspender o concerto e quedando de novo sen un duro. Pero o noso traballo e ilusións víronse recompensadas no ano 95, cando a cambio de axudar de novo a monta-la semana do Revoltallo do C.V.C.V., metíase na mesma o Freixo-Rock 95, aproveitando a infraestructura para os dous eventos e correndo cos gastos a medias. Foi todo un éxito o noso día, un 15 de agosto caluroso que axudou a saca-los cartos necesarios para non quedar empeñados, e o máis importante, a xente empezaba a arrimársenos, a ter gañas de facer cousas e a felicitarnos. Nese inverno, no nadal, coas nosas sempre ganas de festa, fundamos a hoxe en día coñecida en todo Vigo pola Rondalla de Freixo. A consolidaciónNo ano 96 queda legalizada a "Peña Freixo", empezándose a tomar máis en serio o festival, e centrando as ideas e esforzos en quitar cartos, xa que desvinculados totalmente do C.V.C. de Valladares, tódolos gastos corrían pola nosa conta, e non eran poucos (sonido, luz, toldos, electricidade, alquiler bar, imprenta, pantallas vídeo, carpas,grupos musicais, etc...).Decidiuse vender rifas, facer un pedido polo barrio e pola parroquia, vender camisetas, e facer un libro de publicidade, todo isto para o Freixo-Rock 96, que este ano ían ser dous días. Todo estaba en marcha, pero por problemas de permisos no Concello tivemos que atrasalo ata mediados de outubro, e chegou o día e con el a chuvia, pera tanta que tivemos que suspender ó segundo día. Gracias a recaudación do primeiro día e a xenerosidade e comprensión das casas coas que traballabamos, non quedamos endevedados, pero sin un can de novo. Para sacar fondos decidimos montar unha Comparsa de Carnaval, a cal durou dous anos, deixando de facela (a pesar da aceptación e participación que tiña entre a xente do barrio) xa que daba máis gastos dos que podiamos soportar. Decidimos entón organizar unha Baixada de Carros de Bolas a Freixo, que é ano tras ano un éxito, cartos da poucos, pero pasámolo de medo e a xente do barrio e parroquia recorda vellos tempos, nos que había máis carros de bolas que coches. Neste ano, no 1997, por problemas no Monte dos Pozos decidimos traslada-lo festival á parte de abaixo de Freixo, nunha chaira que formaban diversas fincas botadas a monte, e que despois de falar cos donos nos prestaron moi amable e desinteresadamente. Outro ano a traballar, de novo vendendo rifas, camisetas, facendo pedido, libro publicidade, .... (contabamos cun presuposto de cáseque 4.000.000 pts.), ademáis de ter que limpa-los terreos prestados, tarea nada fácil (6.000 m2 de silveiras de 3 m. de alto). Pero tanto esforzo foi recompensado, xa que aínda co fixemos a finais de setembro e facía frío, non choveu, e tivemos un Freixo-Rock 97 para recordar, cheo os tres días (o terceiro día adicado a nosa musica folk, pero só en sesión vermú). Pasámo-lo en grande nós e todo o barrio, que nos apoiou incluso indo ás actuacións os tres días, cos nenos e maiores como si da festa do barrio se tratase, e chegando incluso a ofrecer almorzos e comida á xente que asistía ó festival e quedaba a durmir na zona de acampada ou por alí.
Saímos moi ben parados ese ano, quitando incluso beneficios para o seguinte, e a Peña máis unida e consolidada ca nunca. Chegou o 98, íamos coma motos: Rondalla, Comparsa, Carros de Bolas, Excursións no inverno e vran para a xente do barrio, e apoiados sempre polos nosos pais e familiares. Comezamos a prepara-lo Freixo-Rock 98, duro e con ganas, decir que non cobramos entrada ningún ano (aportación en rifas de 500 pts.), isto e que non recibiamos axuda ningunha (intentámolo no Concello, pero negáronnola) facía que tódolos anos tiveramos que vender rifas, camisetas, pedido polo barrio e parroquia, libro publicidade, agás do bar que montamos os días do concerto. Tódolos medios son poucos para conseguir 4 kilos. da nada, e chegou de novo setembro, pero este ano con chuvias torrenciais, que chegaron o primeiro día cando todo estaba montado e listo, tendo que trasladar o concerto a unha sala cerrada no centro de Vigo, e gracias a amizade persoal que tiñamos cos donos do local poidemos saír airosos do problema, aínda que desmoralizados e cheos de rabias, por non poderse celebrar en Freixo. Así que chegou o 99, e xa fartos de que a chuvia nos botara abaixo os festivais, decidimos cambia-la data para agosto, tan convencidos estabamos de que era a solución ós nosos problemas, que incluso atrevémonos a aumentar nun día máis os concertos, isto incrementou os gastos de tódolos alquileres, dos grupos musicais, gastos do bar, etc., ademáis de acondicionar o recinto con baños, duchas, lavadeiro, mercadillo, zonas tattoo e piercing, etc.. O noso soño: un macroconcerto. Conseguímolo facer, pero a coincidencia da nosa data ca do Revoltallo, Félix Rock, Luis E.Aute e Silvio Rguez. en Castrelos e outras festas veraniegas, fixo que viñera moi pouca xente, ca cal contabamos para sacar eses cartos que aínda nos faltaban por xuntar para ter pago o Freixo Rock 99. Desmoralizados e cheos de deudas acabamos este ano, que pode que sexa o último. |
- A.V.S.C.D. O Freixo - web@freixo.net |
Visitante: 20319 |