Freixo.Net
Asociación Xuvenil Peña Freixo

Rondalla de Freixo

Os artífices de que exista a Rondalla de Freixo son: Iván (Tirabolas), Sidro (Trancallas), Cipri e Xoan (Pichiretes).Saíu dun día de festa de Magosto, cheos de comer castañas e viño, e xa cáseque nas vísperas do Nadal, dixemos: !Porque non nos xuntamos ca gaita e uns cacharrros, e saímos polas noites a percorre-las casas dos nosos veciños!.

Colocamos uns carteis polo barrio, para quedares un día enrriba do palco, e así foi. Apareceu máis xente da que pensabamos, entón decidimos montar algo máis serio e millor. Como estamos ben preparados para a festa, xa contábamos con Director e Gaiteiros nas nosas filas, así que repartímo-los instrumentos: cunchas, pandeiretas, botellas de anís, churrascas, cristos, castañuelas,etc. e outros de diseño propio (feitos por Pepe) entre os rondalleiros, e veña a ensaiar.A maioría non sabiamos tocar, pero con ganas e paciencia conseguiuse pouco a pouco leva-lo ritmo, ata acadar que soára a música rascada e cantada.

Chegou o día de saírmos á rúa, puxémo-las capas cedidas amable e desinteresadamente pola "RONDALLA DE BEIRAN" por enrriba da camisa branca e o pantalón azul, e comezámos las Pasecorredoiras por Freixo e arredores cun éxito arroiador.Rematamos no torreiro de San Xoán de Freixo cun gran concerto, boa festa e uns suculentos pinchos. E así, xa van uns cantos anos de vida desta Rondalla de Freixo.

Creative Commons License - A.V.S.C.D. O Freixo - web@freixo.net Visitante: 20317