Entorno

Monte dos Pozos

Parques Forestal do Monte dos Pozos

O parque forestal do Monte dos Pozos é un lugar de referencia para todos os vigueses para o esparcemento e lecer, desfrutando do entorno natural e dunhas maravillosas vistas sobre a Ría de Vigo.

Ten servicios de restauración (restaurante e cafetería), zona recreativa para os mais pequenos, mesas e asadeiros baixo unha frondosa carballeira. Tamén existe un lago cun paseo e roteiros ideais para facer pequenas camiñatas e deixar atras o estrés da cidade.

Para chegar ata el non existen servicios de autobús directo, aínda que a liñas que veñen a Freixo (20 e 12B) e a Liña 7 (Cando chega ata o cemiterio de Valladares) teñen paradas en puntos ben cerca do parque. Pode consultar con máis detalle na páxina web de Vitrasa.

Monte Alba e Monte Cepudo

Os picos do Monte Alba o Monte Cepudo son visibles dende case todo o Concello de Vigo. O Alba é coñecido pola capela que hai no alto do monte, e o Cepudo polas antenas de radio.

Este é un lugar recomendado para as persoas que gusten de largas camiñatas a veces un pouco duras. A rota de montañeios GR-53 pasa atravesando todo o seu entorno, e dividese en dúas variantes na ladeira do monte Cepudo: Unha por Chandebrito (Gondomar) e otra por Freixo (Valadares) e Fragoselo (Coruxo).

No monte Cepudo tamen podedes desfrutar dunha area de mesas para poder unha boa merenda baixo dun singular bosque de acacias. Tamen ten servicio de restauracion tanto no estrada de acceso os montes Alba e Cepudo así como no cumio do monte Cepudo.

Dende o alto dos picos, a beira da capela, tense una panorámica da cidade de Vigo por completo dende Coruxo ata a Ponte de Rande e podense apreciar os distintos aspectos da nosa cidade: O porto, o tecido industrial, a zona rural, os grandes barrios residenciais…

E un lugar totalmente recomendable, que todo vigués debería visitar algunha vez, se quere coñecer a súa cidade dende un punto de vista totalmente diferente.

 

  • Correo Freixo.Net

    Se queres ter o teu enderezo de correo electrónico o_teu_nome@freixo.net, pódelo solicitar poñendote en contacto con nos en info@freixo.net

    O custe é de 1,00 € ao ano. Os cartos recadados adicaranse a sufragar os gastos de mantemento da web.

  • Boletín de novas

  • Álbum de fotos

    74_freixo_fotos_antigas DCF 1.0 p1030469 DCF 1.0 DCF 1.0 p1030427