Rutas de sendeirismo
A Asociación de Veciños “O Freixo” leva xá un monte de anos promovendo a actividade de sendeirismo entre seus Asociados dende camiñadas de ámbito local, recuperación dos Camiños a Santiago, ou Grandes Travesías de 50 Km, alcanzando A Garda, A Franqueira ou Figueiró.
O entorno natural do Barrio de Freixo,ó pé do Monte dos Pozos, está composto por unha espesa Masa Forestal limitada polas alturas dos Montes do Alba, Maúso e Saiáns.
Trátase de unha Paisaxe no límite das Parroquias de Matamá, Comesaña, Coruxo, Saiáns, Chandebrito e Valladares, artellada polos regatos que verten ó Lagares na Ponte de San Andrés. As aldeas de Móo, Casás, Fragoselo, Chandebrito e Freixo, componen un conxunto etnográfico asentado no entorno daqueles regatos, onde o progreso demorou en chegar por causa da orografía, e onde as costumes e os xeitos antiguos de vida se guardaron por mais tempo, deixando sináis claras do seu paso.
Xacementos Arqueolóxicos e conxuntos de Muinhos e Regas, ocúltanse nas Fragas de Castiñeiros e Carballos á espera doscaminantes.
Vestixio tamén de antiguos litixios son a extensión na Comarca dos límites da Parroquia de Valladares no Freixo, e o do Concello de Nigrán polo Chandebrito, dominando os nacentes das augas que despois regan as Terras mais baixas.
Sendeiro do Arieiro e Talliños
Esta ruta comeza no rego do Ariero e pasando polas covas do Folón, o barrio de Casas e os muiños de Talliños chega de novo a Freixo.
Ficha técnica:
|
Documentos para descargar: |
Sendeiro Circular do Folón
Ficha técnica:
|
Documentos para descargar: |
Sendeiro Circular de Chandebrito
Ficha técnica:
|
Documentos para descargar: |
Sendeiro Baiona-Freixo
| Documentos para descargar: |
Senda Panorámica de Vigo (Ruta GR-53)
A “Senda Panorámica de Vigo” é un dos sendeiros de longa distancia de Galicia, discorre dende o alto da Madroa ata a parroquia de San Miguel de Oia, pasando por varios parques forestais do Concello de Vigo e Gondomar. Así mesmo esta ruta conecta con outras pequenas variantes (rutas de pequeno recorrido) en varios puntos do seu recorrido.
Esta ruta pasa pola parte máis alta do noso barrio, polo lugar de A Areiña, pódese incorporarse á ruta no Monte dos Pozos onde hai un panel con información e tamén no Camiño da Pinguela no número 90.
A ruta GR-53 é a máis longa de todas as rutas homologadas que percorren o municipio de Vigo. Caracterízase polo suave relevo e é accesible a todo tipo de camiñantes. Ademais, circunvala a cidade a través dos seus montes, constituíndo un miradoiro natural de valor excepcional.
Agárdanos un percorrido repleto de contrastes. Ademais de zonas verdes, descubriremos once dos doce parques forestais da cidade, o único zoolóxico de Galicia, restos arqueolóxicos, construcións modernas e antigas estructuras que coas ermidas rezuman lenda e espiritualidade.
Déixate seducir polos segredos que garda o Vigo menos coñecido!
Mais información:
Sitios de Interés



Síguenos en Twitter